Sambreixo arranca as festas o venres cunha degustación de balde

TerraChaXa
Durante toda a fin de semana os asistentes poderán gozar de inchables e lanchas de balde
festas-sambreixo-guitiriz
23 Sep 2025

A parroquia de Sambreixo, en Guitiriz, celebrará do 26 ao 28 de setembro as festas patronais en honra a San Remigio. O programa festivo arrancará o venres 26 cunha degustación gratuíta de liscos, choricillos, raxo e pan no Bar Porto e continuará cunha gran verbena a cargo do Dúo Venus.

O sábado 27 será a quenda dunha sesión vermú ás dúas da tarde con Ángel América, e xa pola noite, ás dez, terá lugar a gran verbena amenizada pola orquestra Salsarena, que celebra o seu décimo aniversario, xunto ao propio Ángel América.

O domingo 28 pecharase a programación cunha gran sesión vermú e fin de festa a cargo do trío Tapyoka. Ademais, durante toda a fin de semana os asistentes poderán gozar de inchables e lanchas de balde.

As misas en honra ao patrón están pendentes de confirmación. As festas contarán tamén cun espectáculo de pirotecnia a cargo de Rocha-Areas, poñendo o broche final a tres días de música, tradición e convivencia veciñal.

⚙ Configurar cookies
0.090965986251831