San Cibrao celebrará a Foliada Nordestía o 13 de abril
TerraChaXa | AMariñaXa
San Cibrao celebrará a súa tradicional Foliada Nordestía o 13 de abril.
7 Feb 2019
San Cibrao celebrará a súa tradicional Foliada Nordestía o 13 de abril. A falta de confirmación, haberá obradoiros musicais, foliada libre e cantos de taberna, entre outras actividades como en anos anteriores.
Os cantos de Taberna comezarán ás 12:00, e os grupos participantes non terán límite de membros na súa formación.
A inscrición e as bases poden atoparse no facebook/foliadanordestia. Cada grupo será convidado a dez consumicións básicas en cada local do seu itinerario. Ademais, cada banda disporá de dez invitacións para o xantar popular que se celebrará unha vez rematados os Cantos, arredor das 15:00 horas.