San Cosme de Nete celebra o Lume Novo cunha xornada de música, gastronomía e artesanía

TerraChaXa
A partir das 14:30 horas celebrarase unha comida de fraternidade
fogueira-san-xoan-lume-novo
21 Jun 2025

A parroquia de San Cosme de Nete, en Vilalba, acollerá este domingo a celebración do Lume Novo, organizada pola Asociación de Veciños. A xornada dará comezo ás 11:30 da mañá cun concerto de Branca Villares e Pablo Pintor, dous recoñecidos músicos que destacan pola súa posta en valor da música tradicional galega. O público poderá gozar da voz de Branca, acompañada da mestría de Pablo en diversos instrumentos de percusión, así como gaita, clarinete ou zanfona.

A partir das 14:30 horas celebrarase unha comida de fraternidade, servida polo cátering Rochella. O menú inclúe xamón cocido, polbo, churrasco mixto, sobremesa, pan, viño, refrescos, café e chupito. O prezo por persoa será de 30 euros, cun desconto de 5 para membros das familias socias da asociación. Os nenos menores de 6 anos comerán de balde, mentres que os comprendidos entre os 7 e os 11 anos terán un prezo reducido de 10 euros.

Ademais, ao longo do día, estará aberta unha exposición de artesanía co traballo do artesán Manuel Balsa, que poderá ser visitada por todas as persoas asistentes.

Desde a organización convidan a veciños e veciñas a participar nesta xornada de encontro e celebración da cultura local.

⚙ Configurar cookies
0.17481589317322