San Cosme de Piñeiro celebra as súas patronais desde o sábado
TerraChaXa
No apartado musical estarán Chanel, Belinda e Elixir
20 Sep 2024
A localidade pastoricense de San Cosme de Piñeiro celebra as súas festas patronais esta fin de semana.
Estas arrancarán o sábado ás 13.30 horas coa misa solemne seguida da procesión. A orquestra Chanel será a encargada da animación musical da xornada en dobre sesión de mediodía e noite. Ademais, na verbena estará tamén o dúo Belinda.
Rematarán o domingo os festexos coa actuación do dúo Elixir en sesión vermú, despois da misa, que será ás 14.00 horas.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa e que haberá colchonetas para os nenos.