San Fiz de Paz, en Outeiro de Rei, celebra as súas festas en honra a San Antón e á Virxe do Carme

A parroquia de San Fiz de Paz, en Outeiro de Rei, celebrará esta fin de semana as súas tradicionais festas patronais en honra a San Antón e á Virxe do Carme.
Os festexos arrancarán o sábado 6 de setembro, día de San Antón, cunha misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra D’Noche. Pola noite, a música continuará cunha gran verbena a cargo das orquestras D’Noche e o dúo Venus.
O domingo 7 de setembro, día da Virxe do Carme, repetirase a programación relixiosa coa misa solemne ás 13:30 horas e a posterior procesión. A sesión vermú estará amenizada polo trío Merengue, que porá o broche musical ás celebracións.
As festas contan coa colaboración da Deputación de Lugo e co apoio das empresas e veciños da parroquia, que manteñen viva unha das citas máis destacadas do calendario festivo de Outeiro de Rei.