San Lorenzo de Aguiar celebra as súas festas esta fin de semana
LugoXa | TerraChaXa
O sábado ás 13.30 darán comezo as celebracións cunha misa solemne
Cartel do evento
23 Maio 2024
A parroquia de San Lorenzo de Aguiar, en Outeiro de Rei, celebra as súas festas esta fin de semana.
O sábado ás 13.30 darán comezo as celebracións cunha misa solemne para continuar cunha sesión vermú a cargo da orquestra Trébol.
Xa pola noite a verbena contará coas actuacións de novo de Trébol e a orquestra e trío D’Nika.
O domingo a misa será tamén ás 13.30 e como final de festas unha sesión vermú amenizada polo grupo Alba.
Dende a organización informa de que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.