San Lourenzo de Árbol celebra un xantar popular polo San Xoán

TerraChaXa
Será o domingo e, pola noite, haberá fogueira
xantar-popular-san-lourenzo-de-arbol
Cartel
19 Xuño 2024

A parroquia vilalbesa de Árbol continúa preparando o ano de festexos coa celebración do xantar popular polo San Xoán. A cita esperase que xunte o 23 de xuño a toda a veciñanza,

Os actos comezarán ás 14:00 horas coa misa na igrexa parroquial. Despois da procesión, a sesión vermú estará amenizada por Cerna de Árbol e o dúo Tropical.

Máis tarde haberá xantar popular para todos aqueles que previamente retiraran as súas entradas. A comida ten un coste de 35 euros e consta dun menú de empanada, xamón, polbo, churrasco, bebida, sobremesa e café. A data límite para anotarse é o 19 de xuño poñéndose en contacto con calquera membro da comisión. Para os nenos de 5 a 10 anos o prezo do menú será de 15 euros.

Durante a tarde continuará a música e o baile co dúo e como de costume, o campionato de tute. Haberá máis sorpresas ao longo de toda a xornada e pecharase o día coa fogueira de San Xoán e a queimada.

0.13461995124817