San Martín de Guillar, en Outeiro de Rei, estará de festa esta fin de semana

LugoXa | TerraChaXa
As festas darán comezo o venres 7 cunha churrascada
festas-fogos-artificiais-celebracion
Cartel das festas
3 Xuño 2024

O venres 7 de xuño darán comezo en San Martín de Guillar as festas na honra a San Antonio, cunha churrascada para todos os veciños e colaboradores. Despois será a primeira verbena, con Tania Veiras e Eureka.

Ao día seguinte haberá misa solemne ás 13.00 horas con procesión e sesión vermú. Esta estará ao cargo de Los Españoles, que tamén tocarán na verbena xunto a Cinema.

O domingo 9 chegarán as festas ao seu final coa sesión vermú, que estará a cargo do dúo Eclipse. Esta terá lugar despois dos oficios relixiosos.

Ademais, a organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.

festas-san-martin-de-guillar
0.1034619808197