San Martiño de Condes celebrará o vindeiro sábado a súa Festa do Costillar

A Asociación Cultural San Martiño de Condes organizará no mes de abril a Festa do Costillar ao Espeto, unha actividade gastronómica para que os veciños frioleses desfruten dunha noite chea de diversión e comida do máis exquisita.
Será o sábado 18 a partir das 21:30 horas no local social de Condes.
Todo aquel que queira asistir, pode anotarse antes do 12 de abril chamando aos teléfonos de contacto de Ángel Pardo (618 982 162), Marta do Fluvial (679 317 700), David do Rododomiño (678 120 025), Alejandro de Lapido (608 227 880), María José de Casiñas (660 001 853) e Raúl de Freixido (666 079 036).