San Martiño de Condes, en Friol, celebra as patronais dende o venres

TerraChaXa | LugoXa
A parroquia friolesa de Condes celebrará a fin de semana as súas festas patronais que terá o seu comezo o venres 10 de xuño, ás 22.00 horas.
festas san martino de condes friol portada
6 Jun 2022

A parroquia friolesa de Condes celebrará a fin de semana as súas festas patronais que terá o seu comezo o venres 10 de xuño, ás 22.00 horas cuns petiscos de xamón e pa ceta gratis ao ritmo da música do grupo Unión y Fuerza, que dirixirá a verbena.

O sábado os actos darán comezo ás 13.30 horas coa misa solemne á que seguirá a tradicional sesión vermú a cargo da orquestra Costa.

Pola noite volverá repetir na verbena xunto co grupo Tania Veiras.

O domingo 12 volverá havber musa solemne ás 13.30 horas e sesión vermú co grupo Lume. Este mesmo encargarase da sesión de tarde, entre as 18.30 e as 21.00 horas coa que se porá o punto e final á celebración.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.

0.071287870407104