San Martiño de Condes, en Friol, celebra o Día do Socio cunha gran paella
LugoXa | TerraChaXa
Esta reunión terá lugar ás 21.30 horas no local social
3 sep 2024
A Asociación Cultural de San Martiño de Condes, en Friol, celebrará o sábado 7 de setembro o Día do Socio cunha gran paella.
Esta reunión terá lugar ás 21.30 horas no local social de Condes cun aforo máximo de 160 persoas. Os socios poderán participar de balde e para os non socios hai unha cota de 15 euros.