San Martiño de Goberno acolle un obradoiro sobre mobilización e coidados de dependentes
O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un obradoiro de mobilización e coidados de persoas dependentes dirixido á poboación en xeral. A formación será impartida a través da Escola Galega de Saúde.
Esta terá lugar na Escola de San Martiño de Goberno, Castro de Rei, o venres 16 de xuño, de 16.00 a 20.00 horas.
Os obxectivos do curso é dotar de habilidades ás e ós coidadores de maiores en mobilización, cambios posturais e hixiene postural e crear un foro onde os coidadores/as e profesionais sanitarios poidan intercambiar experiencias, sobre coidados de Saúde.
No programa tratarase sobre coidados en dependentes con técnicas de mobilización de persoas con dificultade da
mobilidade, prevención de caídas e hixiene postural.
Outro dos puntos do curso serán as técnicas de mobilización, as súas características e recomendacións, así como os diferentes tipos que hai como a axuda a deambulación, trasferencia sedestación-bipedestación e viceversa e trasferencia sillón-silla e viceversa.
Puntualizarase sobre a mobilización de encamados con xiros, izados e desprazamentos laterais na cama; sentarse o borde da cama e trasferencia cama (camilla) - silla (sillón) e viceversa; así como técnicas pra izarse dende o chan.
A formación estará ao cargo de Olga Roca Bergantiños, xefa de Servizo de Calidade Asistencial do Sergas.
Está dirixido á cidadanía en xeral e a inscrición está aberta ata hoxe, 09 de xuño, a través da web da escola galega de saúde https://escolasaude.sergas.es/ ( listado de cursos presenciais) ou por mail: prevenciondrogas@rabade.org.