San Martiño de Pino acolle un obradoiro gratuíto para aprender a xestionar o estrés

TerraChaXa
A través de diferentes dinámicas e ferramentas, o obradoiro busca ofrecer recursos útiles para mellorar o benestar emocional no día a día
xestionando-o-estres
9 Apr 2026

A Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino organiza este venres 10 de abril un obradoiro centrado na xestión do estrés, que terá lugar ás 12.00 horas na Biblioteca Rural de San Martiño de Pino, no municipio de Cospeito.

A actividade está concibida como un espazo práctico e participativo no que as persoas asistentes poderán aprender a identificar, comprender e afrontar o estrés dun xeito saudable. A través de diferentes dinámicas e ferramentas, o obradoiro busca ofrecer recursos útiles para mellorar o benestar emocional no día a día.

Desde a organización destacan que se trata dunha iniciativa gratuíta e aberta á veciñanza, aínda que as prazas son limitadas, polo que animan ás persoas interesadas a inscribirse con antelación para non quedar sen sitio.

Con esta proposta, a asociación continúa promovendo actividades formativas e de interese social no ámbito rural, contribuíndo á mellora da calidade de vida da comunidade.

0.11606502532959