San Martiño de Pino escolle ao gañador do concurso de Caligramas e festexa a Rosalía
TerraChaXa
A entrega de galardóns será o día 23, ás 16.30 horas na biblioteca rural

13 Feb 2025
A Asociación de San Martiño de Pino celebrará o domingo 23 de febreiro o Día de Rosalía cunha serie de actos que contemplan unha serie de actos entre os que figura a entrega de premios do Certame de Caligramas Constanza de Castro.
Este ano o premio correspondeu a Nanda Misa, de Nigrán, pola obra Teimuda. O segundo premio foi para Beatriz Dourado, de Lugo, por Salvaxe. Neste concurso actuaron como xurado Noa Pena, Xesa Rábade e eLoli Domínguez.
A sesión terá lugar ás 16.30 horas na biblioteca rural de Pino e contará tamén coa proxección do documental Caldaloba, elaborado polos estudantes do IES Río Miño de Rábade.
Pecharase a sesión cos actos conmemorativos do Día de Rosalía.