San Martiño de Pino inicia este sábado un taller de costura
TerraChaXa
San Martiño de Pino dará comezo este sábado un taller de costura no que se seguirán cumprindo coas medidas hixiénico-sanitarias vixentes.
6 Mar 2022
A asociación San Martiño de Pino dará comezo este sábado 12 de marzo un taller de costura que se desenvolverá todos os sábados cumprindo coas medidas hixiénico-sanitarias vixentes.
As sesións terán lugar entre as 17.00 e as 19.00 horas e nelas aprenderase a realizar arranxos na roupa e tamén a elaborar modelos a medida e complementos, así como traxes medievais.
Os interesados en anotarse, que teñen xa o prazo aberto, terán que abonar 10 euros ao mes se son socios e 20 se non o son.
Tamén impartirase clases de iniciación á música, canto e baile tradicional, que terán lugar os mércores de 17.30 a 18.30 horas con data de inicio o 6 de outubro.
O prezo desta actividade será de 15 euros para socios do colectivo e 17 para os que non o son.