San Martiño de Pino mantén este domingo a queima do Antroido
TerraChaXa
Realizarase ás 19.00 horas na Escola de Pino e consistirá na queima dun personaxe nunha xornada de celebración

11 Feb 2026
A Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino celebrará este domingo, 15 de febreiro, a tradicional Queima do Antroido, unha cita coa que se pretende recuperar esta celebración na parroquia cospeitesa.
A Queima do Antroido realizarase ás 19.00 horas na Escola de Pino e consistirá na queima dun personaxe nunha xornada de celebración.