San Martiño de Pino organiza un encontro sobre saúde feminina con motivo do Mes da Muller

TerraChaXa
O encontro terá lugar ás 12:00 horas na Biblioteca Rural nunha iniciativa de balde e está aberta a todas as persoas interesadas
saude-feminina
4 Mar 2026

A Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino, en colaboración con Afalu Alzheimer, promove unha actividade centrada na saúde feminina dentro da programación especial do Mes da Muller.

O encontro terá lugar o este venres 6 de marzo ás 12:00 horas na Biblioteca Rural de San Martiño de Pino, no municipio de Cospeito. A iniciativa será de balde e está aberta a todas as persoas interesadas.

A xornada nace co obxectivo de crear un espazo de diálogo e aprendizaxe arredor do benestar das mulleres, favorecendo o intercambio de experiencias e información útil para o coidado da saúde ao longo das distintas etapas da vida. Dende a organización destacan a importancia de promover o autocoidado e de poñer en valor a saúde feminina como unha prioridade social.

Con esta proposta, a asociación reafirma o seu compromiso coa dinamización social e coa creación de actividades que contribúan ao fortalecemento da comunidade, sumándose ás iniciativas que durante este mes reivindican o papel das mulleres e a necesidade de seguir avanzando en igualdade e benestar.

0.095952987670898