San Martiño de Pino organiza unha viaxe a Covadonga e Cudillero

TerraChaXa
A Asociación San Martiño de Pino, en colaboración coa Asociación San Pedro de Seixas, en Cospeito, organizan unha viaxe a Covadonga.
covadonga cudillero viaxe pino poryada
covadonga cudillero viaxe pino poryada
28 Ago 2022

A Asociación Recreativa Cultural San Martiño de Pino, en colaboración coa Asociación San Pedro de Seixas, en Cospeito, organizan unha viaxe a Covadonga e Cudillero, que se desenvolverá o 18 de setembro, domingo.

A saída da viaxe será ás 6.00 horas da mañá con parada para almorzar e destino Covadonga, onde visitarán o Santuario antes de xantar e. pola tarde os lagos. Ao regreso farán parada en Cudillero.

Para participar será preciso anotarse antes do día 11 de setembro con calquera membro da directiva e a viaxe só se fará se hai un mínimo de 20 persoas.

Para os socios a viaxe será de 55 euros e para os non socios de 60.

covadonga cudillero viaxe pino
0.087759971618652