San Martiño de Pino inicia en outubro clases de ioga e música
TerraChaXa
San Martiño de Pino dará comezo no mes de outubro aos cursos anuais, que se seguirán cumprindo coas medidas hixiénico-sanitarias vixentes.
13 Sep 2021
A asociación San Martiño de Pino dará comezo no mes de outubro aos cursos anuais propios deste colectivo, que se seguirán cumprindo coas medidas hixiénico-sanitarias vixentes en cada momento.
Así, todos os luns terá lugar un curso de ioga, que se desenvolverá entre as 21.00 e as 22.00 horas a partir do 4 de outubro.
Os interesados en anotarse, que teñen xa o prazo aberto, terán qeu abonar 20 euros ao mes se son socios e 30 se non o son.
Tamén impartirase clases de iniciación á música, canto e baile tradicional, que terán lugar os mércores de 17.30 a 18.30 horas con data de inicio o 6 de outubro.
O prezo desta actividade será de 15 euros para socios do colectivo e 17 para os que non o son.