San Paio de Narla aposta polas visitas virtuais

TerraChaXa | LugoXa
A Rede Museística Provincial presentou a programación para o mes de novembro, que incide na aposta polo uso das tecnoloxías e dos recursos en liña para continuar coa labor expositiva e divulgativa que se desenvolve desde os catro museos provinciais, o Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar de San Cibrao, o Museo Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol, e o Pazo de Tor, en Monforte.
López Izquierdo visitaba unha usuaria do servizo de Teleasistencia Domiciliaria
5 Nov 2020

A Rede Museística Provincial presentou a programación para o mes de novembro, que incide na aposta polo uso das tecnoloxías e dos recursos en liña para continuar coa labor expositiva e divulgativa que se desenvolve desde os catro museos provinciais, o Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar de San Cibrao, o Museo Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol, e o Pazo de Tor, en Monforte.

O vindeiro 16 de novembro, coincidindo co Día do Patrimonio Mundial e Natural, porase en funcionamento unha plataforma multicanal, que aglutinará todos contidos e propostas en liña que se ofrecerán desde a Rede Museística, entre elas as actividades didácticas orientadas á comunidade comunidade educativa.

Entre as propostas máis novidosas, atópanse as visitas inmersivas, que ofrecen a posibilidade de coñecer os fondos, coleccións e exposicións dos museos provinciais a través dun percorrido virtual.

A xerente da Rede Museística, Encarna Lago, explicou que “non se trata de percorridos virtuais ao uso, senon de visitas temáticas, deseñadas e guiadas polo persoal da rede que acompañará ás persoas usuarias nesa experiencia inmersiva”. Tamén incidiu “na precisión do traballo técnico das vistas en 3D, realizadas cun escáner de última xeración”.

VISITAS AUDIODESCRIPTIVAS

Ademais do formato en liña, a Rede ofrece visitas audiodescritivas a través de chamadas telefónicas, “unha alternativa pensada para as persoas que non manexan a Internet, para facer fronte á brecha dixital entre xeneracións”, engadiu Encarna Lago que propuxo estas actividades como recurso para “residencias e centros de maiores ou asociacións e profesionais que traballen coas persoas de máis idade”.

A vicepresidenta e deputada de Cultura, Maite Ferreiro, valorou a “a capacidade do persoal dos museos para adaptarse á situación sanitaria na que nos atopamos e seguir ofrecendo contidos interesantes tanto para a comunidade educativa como para o resto dos públicos” e animou a “aproveitar estes recursos para achegarse ao patrimonio e as manifestacións culturais que gardan os museos provinciais”.

As visitas inmersivas, que a partir do 16 de novembro se poderán solicitar a través da propia plataforma, están dispoñibles xa, previa concertación a través dos teléfonos de contacto dos catro museos.

0.19805097579956