San Paio de Narla participa no V Congreso de Xéneros, Museos, Arte e Educación
Os museos da provincia acollerán a celebración este ano do V Congreso de Xéneros, Museos, Arte e Educación, dende o 15 ata o 17 de marzo. Tratase dunha iniciativa do Goberno da Deputación que ofrece experiencias e reflexións sobre a cuestión de xéneros e a educación.
Este Congreso contará coa presenza do Director do Consello Internacional de Museos, (ICOM), Luis Grau, pois este encontro conta coa acreditación da ICOM para España para a súa difusión e promoción. Para inscribirse, a partir do día 26 de febreiro, pode facerse a través do seguinte link; http://redemuseisticalugo.org/index.asp
Os encontros terán lugar na Rede Museística da Deputación. A inauguración será o día 15 no Museo Provincial e pola tarde no Pazo de Tor; o 16 no Museo do Mar e o 17 en San Paio de Narla. Esta nova edición contará con máis de 25 representantes de diferentes asociacións, investigadores, profesores, así como iniciativas sociais en xéneros, activismo, persoas con capacidades diferentes, diversidade e educación que afondarán na visibilización e diversidade do tecido social.
Os ponentes que intervirán son, entre outros, Víctor Fraga Gayoso, Psicólogo de Institucións Penitenciarias, co proxecto Guerrilla de Palabras; Mónica Álvarez San Primitivo e Nerea Rodríguez, que avanzarán o programa ACADAR, sobre Violencia contra as mulleres con discapacidade; Estella Freire e Candela Rajal sobre Espazos Resistencia. Ademais, intervirá a Directora do Museo da Tertulia de Cali (Colombia), Ana Lucía Llano Domínguez; Rosario Sarmiento falarán sobre “Arte e muller na Galicia contemporánea”. A Catedrática de Historia, Concha Gaudó presentará 100 anos de feminismo pacifista. Paula Cabaleiro, Ánxela Caramés e Lucía Canoura Sánchez explicarán a visibilizacion feminina, e Amelia Aguado Álvarez, presentará o relatorio “Raíñas guerreiras. O papel da muller tradicional africana a través das pezas do museo”, e Aitziber Urtasun: A arte como ferramenta social.
Consulta neste enlace o programa