San Paio de Narla renderá homenaxe a un neno de Xiá do século XIX

TerraChaXa | LugoXa
O Museo Fortaleza San Paio de Narla incorpora aos seus contidos a memoria do neno Juan Antonio, natural de Xiá.
obradoiros neno xia vacina san paio de narla portada
10 sep 2022

O Museo Fortaleza San Paio de Narla incorpora aos seus contidos a memoria do neno Juan Antonio, natural de Xiá, concello de Friol, quen xunto cos seus compañeiros de expedición cara a América que tivo lugar a principios do século XIX foron “o máis vital elemento” na campaña para erradicar a varíola en todo o mundo.

Proxecto comisariado por  Antonio López Mariño coa coordinación da xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Encarna Lago González. A inauguración terá lugar hoxe sábado, 10 de setembro, ás 17:00h. e a continuación desenvolveranse dous obradoiros, que tratarán de axudar a dar visibilidade aos relatos das clases populares máis humildes.

O legado dunha historia

Está dirixido ás familias e consiste en debuxar en banda deseñada a historia dos 20 da varíola. Elaborarán unha liña do tempo na que contextualizar aquela aventura que fixeron o nenos de Xiá e os seus compañeiros por terras americanas como persoas valentes pero invisibilizadas.

A continuación terá. lugar un novo obradoiro de pintura sobre tea para todos os públicos que consistirá na creación de unha composición de catro láminas basesadas na historia de Antonio e as valentes protagonistas visibilizadas na actividade anterior.

Con todas as láminas dos participantes crearase unha xigante que quedará como agasallo para o museo.

obradoiros neno xia vacina san paio de narla
0.18693113327026