San Pedro de Arcos inicia as festas do Ecce Homo

LugoXa | TerraChaXa
A localidade de San Pedro de Arcos, en Outeiro de Rei, inicia mañá, xoves, as festas na honra do Ecce Homo e da Virxe das Angustias.
festas-san-pedro-de-arcos-portada
13 sep 2023

A localidade de San Pedro de Arcos, en Outeiro de Rei, inicia mañá, xoves, as festas na honra do Ecce Homo e da Virxe das Angustias.

As celebracións arrancarán cunha misa ás 11.00, á que seguirá a tradicional bendición dos animais e ás 13.00 haberá un novo oficio relixioso.

As celebracións continuarán a fin de semana, de novo con misa ás 13.00 horas e sesión vermú a cargo de trío D'Nika, que tamén estará na verbena xunto ao dúo Estrellas.

O domingo haberá misas ás 10.00. 11.00. 12.00 e 13.00 horas na honra á Virxe das Angustias. A sesión vermú estará a cargo da orquestra Stereo, que, xunto a Trío D’Nika, fará a sesión de tarde-noite que porá fin ás celebracións.

festas-san-pedro-de-arcos
0.14852094650269