San Pedro de Arcos inicia as festas do Ecce Homo

LugoXa | TerraChaXa
As celebracións arrancarán o sábado cunha misa ás 11.00, á que seguirá a tradicional bendición dos animais
festas-san-pedro-de-arcos
12 sep 2024

A localidade de San Pedro de Arcos, en Outeiro de Rei, inicia este sábado, as festas na honra do Ecce Homo e da Virxe das Angustias.

As celebracións arrancarán cunha misa ás 11.00, á que seguirá a tradicional bendición dos animais e ás 13.00 haberá un novo oficio relixioso.

As celebracións continuarán coa sesión vermú a cargo de trío D'Nika, que tamén estará na verbena xunto ao dúo Charada.

O domingo haberá misas ás 10.00. 11.00. 12.00 e 13.00 horas na honra á Virxe das Angustias. A sesión vermú estará a cargo da orquestra Stereo, que, xunto a Trío D’Nika, fará a sesión de tarde-noite que porá fin ás celebracións. Pola tarde tamén actuará o grupo musical Cuarteto Seimeira.

0.18970203399658