San Pedro de Eume celebrará un xantar popular o día 1
A parroquia pontesa de San Pedro de Eume, o Couce, celebrará un xantar popular o día 1 de xuño. A xornada festiva abrirase cunha misa solemne ás 13.00 horas, seguida dunha sesión vermú a cargo do dúo Explosión e o grupo Pasión.
Ás 15.00 horas será o xantar popular, servido polo restaurante O Paso de Candamil. Haberá polbo, churrasco, sobremesa, café e licores. O prezo do menú é de 30 euros para adultos e de 15 para nenos de 6 a 12 anos. Hoxe, 26 de maio, é o último día para a retirada de tíckets no Muíño de Saa, Casa Díaz de Goente e 24 horas da Pontes.
Pola tarde haberá actividades para os nenos e, ás 18.00 horas, comezará unha sesión de tarde co dúo Explosión. Despois un sorteo de agasallos, a verbena está prevista para as 22.0o horas cos grupos Pasión e Jaque.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.