San Pedro de Seixas en Cospeito celebra as súas grandes festas

A parroquia de San Pedro de Seixas, no concello de Cospeito, prepárase para vivir con intensidade as súas tradicionais festas os días sábado 28 e domingo 29 de xuño. O programa inclúe celebracións relixiosas, sesións vermú, verbenas e espectáculos pirotécnicos.
O sábado 28 abrirase co habitual acto relixioso: misa solemne e procesión ás 13:00 horas, seguida da sesión vermú amenizada pola orquestra Punto Clave. Pola noite, a festa continuará coa verbena a cargo das orquestras Punto Clave e Fania Blanco Show, co espectáculo reforzado por unha tirada de fogos artificiais durante o cambio de formacións.
O domingo 29 a música volverá estar presente coa sesión vermú ás 13:15 horas, a cargo da Orquesta Fuego, que tamén animará a segunda parte a partir das 14:30 horas “ata que o corpo aguante”. A misa solemne e procesión desta segunda xornada festiva celebrarase ás 14:00 horas.
As festas contan co apoio do Concello de Cospeito e a colaboración de numerosos negocios da zona.