San Salvador de Guitiriz prepárase para as Festas da Ascensión desde o venres

TerraChaXa
As festas comezarán o venres 9 de maio cunha liscada e chourizada gratuíta
festas-ascension-guitiriz
7 May 2025

A parroquia de San Salvador, no concello de Guitiriz, celebrará os días 9, 10 e 11 de maio as súas tradicionais Festas da Ascensión, un evento moi agardado pola veciñanza e visitantes da comarca.

As festas comezarán o venres 9 de maio cunha liscada e chourizada gratuíta, seguida dunha gran verbena coa orquestra Salsarena, que animará a noite con música e baile.

O sábado 10, os festexos arrancarán coa tradicional misa no campo da festa ás 13:30 h. A continuación, haberá unha sesión vermú e verbena co dúo Venus, que ofrecerá animación durante toda a xornada.

O domingo 11, novamente celebrarase misa no campo da festa á mesma hora, e a música continuará cunha sesión vermú co Dúo Dilema, co cal se darán por rematadas oficialmente as festas.

Todas as actividades contarán cun campo cuberto con carpa, asegurando o confort do público ante calquera inclemencia meteorolóxica.

⚙ Configurar cookies
0.098749160766602