San Simón da Costa celebra as súas patronais o 27, 28 e 29 de outubro
TerraChaXa
A localidade de San Simón da Costa, en Vilalba, celebra as súas festas na honra a San Simón do venres 27 ao domingo 29 de outubro.
22 Oct 2023
A localidade de San Simón da Costa, en Vilalba, celebra as súas festas na honra a San Simón do venres 27 ao domingo 29 de outubro.
O venres haberá unha liscada gratis para todos os asistentes e unha verbena con Merengue.
O sábado 28, a xornada festiva dará comezo ás 13.30 horas cunha misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Compostela que, ademais, será a que amenice a verbena da noite, xunto á orquestra Marbella.
O domingo 29, a xornada relixosa será á mesma hora e, nesta ocasión, a sesión vermú de fin de festa estará amenizada polo grupo Fénix.
Desde a organización recordan que o campo da festa estará cuberto cunha carpa, no caso de que haxa mal tempo.