San Simón da Costa dará inicio ás súas festas cunha churrascada popular

TerraChaXa
A parroquia vilalbesa está de celebración desde o venres 16 pola honra á Nosa Señora
san-simon-da-costa-festas
Cartel
15 Ago 2024

Do 16 ao 18 de agosto, San Simón da Costa celebra a súa festa na honra á Nosa Señora.

A xornada dará comezo o venres 16, ás 10.00 cunha churrascada popular gratuíta, ademais de actuacións musicais de Tania Veiras e Los Cumbiapop.

O sábado, ás 13.30 horas, celebrarase unha misa solemne con procesión e para continuar unha sesión vermú amenizada pola orquestra D. Noche, que terá dobre sesión na verbena da noite xunto a New York.

O domingo, a sesión relixiosa será á mesma hora e Fuxion Latina será a encargada da sesión vermú de fin de festa.

0.14253115653992