San Simón da Costa estará de festa esta fin de semana
TerraChaXa
A parroquia vilalbesa de San Simón da Costa celebrará as súas festas patronais a última fin de semana de outubro dando comezo á celebración o venres cunha churrascada popular a partir das 21:30 horas, de balde para todos os asistentes.
25 Oct 2018
A parroquia vilalbesa de San Simón da Costa celebrará as súas festas patronais a última fin de semana de outubro dando comezo á celebración o venres cunha churrascada popular a partir das 21:30 horas, de balde para todos os asistentes. La orquestra La Fórmula será a encargada de amenizar o apartado musical.
O sábado a celebración iniciarase cunha misa solemne ás 13:30 horas con procesión e sesión vermú coa orquestra Compostela, a mesma que estará na verbena xunto a Panorama.
O domingo tamén haberá misa e procesión á mesma hora con sesión vermú de peche de festas a cargo da orquestra Principal.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.