San Tirso de Portocelo de Xove, un castro fronte ao mar

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Recentemente descubriuse o castro de San Tirso de Portocelo, en Xove, un enclave arqueolóxico situado fronte ao mar.
IMG 20200122 WA0009
20 Out 2020

Recentemente descubriuse o castro de San Tirso de Portocelo, en Xove, un enclave arqueolóxico situado fronte ao mar.

O equipo CADO Arqueoloxía, no que David Fernández Abella é o director do proxecto, é o encargado de realizar as escavacións nesta primeira fase. A idea inicial é saber se o castro ten interese arqueolóxico e tamén valor científico e estes traballos durarán tres semanas.

Tras as primeiras escavacións descubriron unha necrópole do altomedievo, que conta con cinco tombas, posiblemente dun mosteiro, e tamén acharon restos de habitáculos castrexos de hai case 2.000 anos ademais de material cerámico.

A primeira fase que xa rematou e agora atópase cuberto de maneira preventiva. O Concello de Xove adquiriu os terreos onde se atopa o castro e está solicitada unha nova autorización para continuar coas tarefas de escavacións.

Os materiais atopados en San Tirso de Portocelo serán depositados provisionalmente no museo do castro de Viladonga de Castro de Rei.

 

 

0.16791701316833