San Vicente celebrará as súas festas cun xantar popular

TerraChaXa
A partir das 21.00 horas, a verbena terá lugar nun campo cuberto con carpa e contará coa actuación de Nerea Cobas e da orquestra Los Satélites
festas-san-vicente-begonte
26 Jan 2026

San Vicente, en Begonte, acollerá o vindeiro sábado, 31 de xaneiro, as tradicionais festas, unha celebración que combinará actos relixiosos, propostas gastronómicas e unha ampla programación musical ao longo de toda a xornada.

Os actos darán comezo ás 13.00 horas coa misa solemne na honra a San Vicente, seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada pola solista Nerea Cobas. A continuación, no campo da festa, celebrarase unha gran pulpada a cargo da Pulpería Roberto Aurora Gómez Carballiño, cun prezo de 12 euros por ración, para a que é necesario anotarse previamente.

Durante a tarde, a festa continuará cunha nova actuación de Nerea Cobas e cunha degustación gratuíta de liscos e chourizos, ofrecida polo Bar Porto. Xa a partir das 21.00 horas, a verbena terá lugar nun campo cuberto con carpa e contará coa actuación de Nerea Cobas e da orquestra Los Satélites.

⚙ Configurar cookies
0.085809946060181