San Xiao de Mos celebra as súas festas a fin de semana
A localidade de San Xiao de Mos, no Concello de Castro de Rei, inicia o venres as súas festas na honra á Virxe da Saleta.
Estas arrancarán cunha churrascada popular a partir das 22.00 horas que estará amenizada polo grupo Fénix e Eventec Discomóvil.
Para esta noite a organización pide a colaboración veciñal levando as sudadeiras e camisolas da festa.
O sábado haberá servizo relixioso ás 13.30 horas e a sesión vermú estará cargo da orquestra Escaparate, que fará dobrete, e unirase á noite Olympus.
Sendo o acto central das festas haberá unha sesión de fogos de artificio.
O domingo 22 haberá misa de novo, á mesma hora, e procesión, na que participarán Os Valuros e Valuriños de Castro de Rei.
A sesión vermú de fin de festa estará a cargo do grupo Cano.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.