San Xurxo de Rioaveso celebra as súas festas esta fin de semana

TerraChaXa
As celebracións desenvolveranse nun campo cuberto con carpa, garantindo así o seu desenvolvemento independentemente das condicións meteorolóxicas
fiestas-san-xurxo-rioaveso
25 Apr 2025

A parroquia de San Xurxo de Rioaveso, no concello de Vilalba, vivirá esta fin de semana dúas intensas xornadas de celebracións con motivo das festas patronais na honra a San Xurxo e á Virxe das Dores.

O sábado 26 de abril comezará coa tradicional misa solemne ás 13:30 horas, seguida da procesión e da sesión vermú a cargo do Grupo Eureka, que tamén será o encargado de animar a verbena nocturna.

A festa continuará o domingo 27 de abril co mesmo esquema: misa solemne ás 13:30 horas, procesión e sesión vermú, nesta ocasión amenizada polo grupo Fénix, que porá tamén o broche de ouro á verbena de fin de festa. A música continuará co espectáculo da orquestra El Combo Dominicano, que presentará a súa nova tempada 2025.

As celebracións desenvolveranse nun campo cuberto con carpa, garantindo así o seu desenvolvemento independentemente das condicións meteorolóxicas. As festas contan coa colaboración do Concello de Vilalba e están organizadas por Espectáculos Goas.

⚙ Configurar cookies
0.15883708000183