Sancovade prepara as festas de San Antón
TerraChaXa
Serán o 25 de xaneiro e contará coas orquestras Trébol e Origen
10 Jan 2025
A parroquia de Sancovade, en Vilalba, celebrará as tradicionais Festas na honra a San Antón o vindeiro 25 de xaneiro de 2025. A xornada comezará ás 13:30 horas cunha misa solemne seguida dunha procesión, que congregará veciños e visitantes para honrar o santo.
Tras os actos relixiosos, a celebración continuará cunha animada sesión vermú a cargo da Orquestra Trébol. Pola noite, o ambiente festivo manterase cunha gran verbena protagonizada pola Orquestra Trébol e Origen, garantindo unha velada chea de música e diversión.
Para maior comodidade, os festexos desenvolveranse nun campo cuberto con carpa e calefacción, asegurando unha experiencia agradable para todos os asistentes.