Sancovade arranca cunha festa infantil este venres as súas patronais

TerraChaXa
Sancovade, en Vilalba, homenaxea esta fin de semana á Nosa Señora de Guadalupe coas súa festas, que darán comezo o venres cunha festa infantil
festas sancovade vilalba portada
8 sep 2022

Sancovade, en Vilalba, homenaxea esta fin de semana á Nosa Señora de Guadalupe coas súa festas, que darán comezo o venres 9 cunha festa infantil a partir das 17.00 horas, con inchables, espectáculos de maxia para todos os públicos a cargo de Puzzle Animación ademais da actuación de Cé Orquestra Pantasma co espectáculo A Voar.

A partir das 22.00 horas haberá unha queimada e chocolatada para todos os veciños coa actuación de Sintonía de Sancovade, Buxos Verdes e sesión Remember con Puzzle Animación e Marcos Peón.

As festas continuarán o sábado 10 coa misa ás 13.00 horas, á que seguirá unha procesión a cargo da Asociación Entre Lusco e Fusco. Continuará a tradicional sesión vermú a cargo de Ritmo e, polo noite, verbena de novo con Ritmo e Cinema.

O domingo repetirán o oficio relixioso, que estará cantado pola coral Luar e repetirán Lusco e Fusco na procesión.

Alabama Show será a encargada de amenizar tanto a sesión vermú como a verbena. Ao mediodía haberá o tradicional sorteo do ramo de roscas.

festas sancovade vilalba
0.17718505859375