Sancovade busca un ano máis o xersei máis representativo do Nadal

TerraChaXa
As tres fotografías con máis aceptación popular irán a un xurado, que escollerá o gañador.
concurso-de-xerseis
2 Dec 2024

A asociación de veciños de Santiago de Sancovade abriu de novo un concurso de xerseis con motivos de Nadal, similar ao que se fixo en anos anteriores. A idea é atopar o xersei “máis hortera”.

Así, invitan á veciñanza a fotografialos e envialos para que se faga unha votación nas redes sociais.

Poden enviarse estas fotos a través de whatsapp, messenger de Facebook ou no correo asvsancovade@gmail.com. As fotografías subiranse ás redes sociais o 2 de xaneiros e os veciños poderán votar durante uns días.

As tres con máis aceptación popular irán a un xurado, que escollerá o gañador.

⚙ Configurar cookies
0.16606211662292