Sancovade celebra a xuntanza e xantar veciñal este sábado

TerraChaXa
Será no campo de fútbol con inchables para os nenos e a música de Verónica Cambón
cartel-da-xuntanza-sancovade
Cartel
7 Xuño 2024

A localidade vilalbesa de Sancovade celebra este sábado a edición número XVI da súa xuntanza e comida veciñal, que terá lugar no campo de fútbol da localidade.

A xornada de reunión contará cunha sesión vermú con Verónica Cambón, que se encargará tamén da verbena. Pola tarde actuará a asociación cultural Árdelle o Eixo e a Charanga 555. Os nenos contarán con inchables.

O xantar está organizado pola Asociación de Veciños Sancovade e ten un prezo para maiores de 12 anos de 30 euros para socios e 40 para non socios. Os pequenos entre 6 e 12 anos deberán pagar 15 euros.

0.066597938537598