Sancovade celebra as súas festas esta fin de semana

A localidade vilalbesa de Sancovade celebra a fin de semana do 12 ao 14 de setembro as súas festas patronais na honra a nosa señora de Guadalupe.
Estas darán comezo o venres ás 17.00 horas cunha festa infantil a cargo de Diverminds. Acabarán a xornada cunha xuntanza popular amenizada polos grupos Árdelle o Eixo, Pandereiteras de Andrade, Os do Campo, Charanga Louband e DJ Grande Osso. A verbena estará a cargo do grupo Arizona nunha sesión onde se esperan varias sorpresas. De comer haberá liscos, chourizos, pan e chocolate.
O sábado, a xornada festiva comezará ás 13.00 cunha misa e procesión, esta última acompañada de novo polo grupo Buxos Verdes.
A sesión vermú e tamén a verbena contará coa actuación da orquestra Magos, que tamén serán os encargados da verbena, xunto a Kubo.
O domingo a misa será cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, e a procesión contará coa Banda de Gaitas Mato Vizoso. Seguirá unha sesión vermú longa a cargo de Máster. Durante a mesma haberá o tradicional sorteo do ramo de roscas.