Sancovade celebra as súas festas esta fin de semana

TerraChaXa
Abrirán o venres a celebración cunha festa infantil
programa-festas-sancovade
10 sep 2024

A localidade vilalbesa de Sancovade celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra a nosa señora de Guadalupe.

Estas darán comezo o venres 13 ás 17.00 horas cunha festa infantil a cargo de Puzzle Animación. Acabarán a xornada cunha paella e a actuación do grupo Mestura de Nete. A verbena estará a cargo do grupo Arizona nunha sesión onde se esperan varias sorpresas.

O sábado, a xornada festiva comezará ás 12.00 con pasarrúas a cargo de Buxos Verdes. Ás 13.00 horas haberá unha misa e procesión, esta última acompañada de novo polo grupo Buxos Verdes.

A sesión vermú e tamén a verbena contará coa actuación de Los Españoles, que tamén serán os encargados da verbena, xunto a Charleston Big Band.

O domingo a misa, cantada pola coral Luar, e a procesión, co grupo Leña Verde, terán lugar ás 13.00 horas dende a Capela ata o campo da festa. Seguirá unha sesión vermú a cargo de Fénix. Durante a mesma haberá o tradicional sorteo do ramo de roscas.

0.13227605819702