Sancovade celebra o II Serán do Magosto con música, castañas e moita festa

TerraChaXa
A Asociación de Veciños Santiago de Sancovade organiza o evento o 15 de novembro na Frouxeira, cunha cea, actuacións musicais e sorteos
VILALBA magosto avv
4 Nov 2025

A parroquia de Sancovade, en Vilalba, acollerá o vindeiro 15 de novembro o II Serán do Magosto, unha cita organizada pola Asociación de Veciños Santiago de Sancovade e o grupo Ardelle o Eixo. A festa celebrarase na Frouxeira e comezará a partir das 20.00 horas, cunha ampla programación musical e gastronómica.

O evento contará coas actuacións dos grupos Buxos Verdes, Cerna de Árbol, Mestura de Nete, Batucada Cadabatú e os pandeireteiros Nacho e Xiao, que animarán a velada con ritmos tradicionais e moita foliada. Durante a xornada haberá pinchos, callos, castañas e chocolate, ademais de sorteos entre o público asistente. O prezo dos tickets é de 5 euros para socios e 10 euros para non socios, e poderán adquirirse ata o 7 de novembro.

A organización destaca que a foliada é aberta a todos os públicos e convida á veciñanza a participar nunha noite de música, convivencia e tradición.

⚙ Configurar cookies
0.06344199180603