Sancovade, en Vilalba, está de festas polo Santiago

TerraChaXa
Estas darán comezo o sábado 20 cunha misa solemne ás 13.30 horas
festas-sancovade
Cartel
17 Xul 2024

A localidade de Sancovade, en Vilalba, celebra a fin de semana do 20 e 21 de xullo as súas festas na honra a Santiago Apóstolo.

Estas darán comezo o sábado 20 cunha misa solemne ás 13.30 horas, seguida dunha procesión e sesión vermú, que estará a cargo da orquestra Alabama Show, grupo que tamén se encargará da verbena xunto a Gran Parada.

O domingo despois da misa, que será ás 13.30, estará a orquestra Stereo Show animando a sesión vermú e verbena da noite, compartindo escenario con Pili Pampín.

Durante a verbena do sábado haberá dous sorteos, un de gourmet e outro de unha cea para dúas persoas.

0.13966393470764