Sancovade prepárase para celebrar as súas festas na honra de Santiago Apóstolo

TerraChaXa
O cartel destaca tamén a presenza de grandes sorteos
festas-sancovade
16 Jul 2025

A parroquia de Sancovade, no concello de Vilalba, vivirá esta fin de semana dúas intensas xornadas de celebracións con motivo das festas en honra a Santiago Apóstolo, que se desenvolverán os días sábado 19 e domingo 20 de xullo de 2025.

A programación comezará o sábado 19, coa tradicional misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Pontevedra. Xa pola noite, a partir das 22:30 h, haberá gran verbena con esta mesma formación musical.

O domingo 20 continuará a festa co mesmo esquema: misa solemne ás 13:30 h, procesión e sesión vermú, nesta ocasión a cargo da orquestra Suavecito. Pola noite, a verbena contará coa actuación de Suavecito e mais do artista Antonio Barros, poñendo o broche de ouro a unha fin de semana de celebracións.

O cartel destaca tamén a presenza de grandes sorteos e conta co apoio e patrocinio de numerosos comercios e empresas da zona, así como coa colaboración do Concello de Vilalba.

⚙ Configurar cookies
0.72921180725098