Sandra Corbelle gaña o segundo Concurso de Postais de Nadal en Meira
TerraChaXa
Repártense de balde ata un máximo de cinco por persoa na Oficina de Turismo local ata o 20 de decembro

14 Dec 2025
O Concello de Meira, en colaboración coas Asociacións Meirenses, anunciou a gañadora da segunda edición do Concurso de Postais de Nadal, unha iniciativa aberta á participación de persoas de todas as idades que busca fomentar a creatividade e o espírito destas festas.
A gañadora deste ano foi Sandra Corbelle, que fixo a postal que editou o Concello para repartir de balde entre a veciñanza. De feito repártense ata un máximo de cinco por persoa na Oficina de Turismo local ata o 20 de decembro.