Sanidade suspende as competicións do deporte federado autonómico

TerraChaXa | AMariñaXa
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou esta mañá que a decidiron suspender temporalmente as competicións de deporte federado de ámbito autonómico ata que a situación do virus mellores.
19 Jan 2021

Non pasara o mesmo coas de carácter nacional, que continuarán a celebrarse.

Por outra banda, o conselleiro indicou que tamén se aplicará aos deportistas novas medidas nos adestramentos, que si estarán permitidos pero con restricións.

Segundo explica, estes deberán rexerse polas mesmas regras que os deportistas convencionais, con adestramentos individuais ou de grupos dun máximo de catro persoas, e estarán suxeitos tanto ao toque de queda como ás limitacións de mobilidade, alí onde se apliquen.

Para os vestiarios de ximnasios, haberá instrucións concretas que se definirán na orde que se publicará no Diario Oficial de Galicia (DOG) e que entrará en vigor na noite do mércores ao xoves.

0.16406106948853