Santa Comba celebra as súas festas esta fin de semana
TerraChaXa
Os días 13 e 14 de maio, Santa Comba, en Vilalba celebra as súas festas parroquiais con dous días cheos de música
6 May 2024
Os días 11 e 12 de maio, Santa Comba, en Vilalba celebra as súas festas parroquiais.
O sábado o día comezará cunha misa ás 13.30 para continuar coa sesión vermú a cargo da orquestra Principal, con Dani Gigirey, campión da Liga dos Cantantes Extraordinarios.
A verbena da noite tamén contará coa actuación da orquestra Principal acompañada polo grupo Beatriz, que presenta novo repertorio.
O domingo a misa será ás 13.30 e o vermú estará amenizado polo grupo Fénix que será a encargado tamén de por a música na verbena da noite.
A organización informa que o campo estará cuberto con carpa.