Santa Comba celebra as súas festas esta fin de semana
TerraChaXa
Os días 13 e 14 de maio, Santa Comba, en Vilalba celebra as súas festas parroquiais con dous días cheos de música
11 May 2023
Os días 13 e 14 de maio, Santa Comba, en Vilalba celebra as súas festas parroquiais.
O sábado o día comezará cunha misa ás 13.30 para continuar coa sesión vermú a cargo da orquestra Acorde.
A verbena da noite tamén contará coa actuación da orquestra Acordes acompañada polo grupo Satélites.
O domingo a misa será ás 13.30 e o vermú estará amenizado pola orquestra Escaparate que será a encargada tamén de por a música na verbena da noite.
A organización informa que o campo estará cuberto con carpa.