Santa Comba da Órrea celebra a festa o sábado
TerraChaXa | AMariñaXa
Haberá un Aberto de Bólos tradicionais o sábado pola tarde
Carteis
6 Ago 2024
A parroquia de Órrea en Riotorto celebra a fin de semana as súas festas na honra de Santa Comba e San Antón.
As celebracións darán comezo o sábado 10 cunha misa solemne, ás 14.00 horas, á que seguirá unha procesión co dúo Belinda, que tamén se ocupará de amenizar a verbena.
O sábado terá lugar tamén, ás 18.30 horas, un Aberto de Bólos por parellas. Trátase dun campionato de birlos tradicionais de lastra da Órrea. Este xogo está aberto a toda a poboación e servirá para recuperar as normas.
O domingo 11 repetirase a misa solemne e será o dúo Muralla o encargado de poñer o fin de festa.