Santa Comba da Órrea celebra o seu magosto o 1 de novembro

TerraChaXa | AMariñaXa
Será necesario inscribirse previamente antes do día 29
magosto-orrea
27 Oct 2025

A Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea organiza o tradicional magosto o sábado 1 de novembro ás oito da noite no local social da parroquia. A festa contará con castañas, liscos e chourizo frito, nun ambiente de convivencia veciñal e celebración das tradicións outonais.

Segundo informou a organización, os gastos seguirán “o estilo de Ribadeo”, e será necesario inscribirse previamente antes do día 29 a través do número de WhatsApp 650 558 750. O evento pretende manter viva unha das tradicións máis queridas da cultura galega, que combina gastronomía, encontro social e o espírito festivo propio destas datas.

⚙ Configurar cookies
0.066602945327759