Santa Comba estará de festa a próxima fin de semana

TerraChaXa
O lugar de Santa Comba, situado no barrio do Trece de Goiriz, en Vilalba, celebra a fin de semana as súas festas que darán comezo o sábado
festas santa comba vilalba portada
8 Maio 2022

O lugar de Santa Comba, situado no barrio do Trece de Goiriz, en Vilalba, celebra a fin de semana as súas festas que darán comezo o sábado cunha misa ás 13.00 horas, seguida de procesión e a consabida sesión vermú a cargo de Alabama Show.

Esta mes orquestra será a encargada da verbena xunto a Cinema.

O domingo 15 haberá misa ás 13.30 horas tamén con procesión e sesión vermú, coa que se da por rematada a celebración.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

0.10546612739563